O Ribeiro é unha comarca ubicada na parte máis occidental da provincia de Ourense.. Na actualidade, está conformada por dez concellos distintos.
Dende o 2007, existe unha ruta turística onde participan, xunto Consello Regulador da D.0., nove concellos da comarca de O Ribeiro: Ribadavia, Leiro, Cenlle, San Amaro, Castrelo de Miño, Ourense, Toén, Borborás e Carballiño..
Nela, inlúense 17 bodegas ás que poderás visitar, xunto con outras actividades de ocio paralelas.
No Pazo de Baamonde, en Ribadavia, o Museo Etnolóxico recolle o patrimonio etnográfico da provincia de Ourense. e conta cun moi bo arquivo fotográfico.
Ademais, elabora exposicións propias periodicamente de temática diversa.
En Santo André, Ribadavia.
O Museo do Viño de Galicia é historia en si mesmo.
Ubicado nunha edificación do s.XVII que funcionou como casa de priorado para a explotación vitivinícola, recolle o parimonio vitivinícola da Comunidade ao longo de tres plantas.
Ademais do Museo Etnolóxico, en Ribadavia celébrase a Feira do Viño do Ribeiro, que vai xa pola súa 59º edición.
Durante os días 20, 30 de abril e 1 de maio de cada ano, poderás degustar os viños das adegas da comarca participantes.
Viños brancos e tintos, de adegas e colleiteiros independentes, agárdante na Alameda da vila.
Ademais, cada ano hai numerosas actividades extra, dende cociña en directo de chefs famosos, ata actuacións musicais de numerosos grupos da contorna, pasando polas distintas catas que se organizan ao longo das tres xornadas.
O viño forma parte da historia da comarca do Ribeiro e, polo tanto, da de Ribadavia.
Precisamente, Ribadavia conta cunha das festas históricas de referencia en Galicia, a Festa da Istoria, que se vén celebrando na vila dende 1989.
Durante a última fin de semana de agosto, Ribadavia volve atrás no tempo para recuperar a súa memoria e non esquecer as súas tradicións e o seu pasado..
Está considerada Festa de Interese Turístico Nacional e é un evento imperdible para os ribadavienses e os milleiros de turistas que se achegan cada ano á vila, vestidos de señores e campesiños.
Podes contactarnos en calquera destes números, estaremos encantados de axudarche!
Séguenos en redes para non perderte nada!