Casa de Aldea Caneirón: quen somos


Longa historia e tradición
Unha típica casa rústica galega, construida no ano 1869, que segue conservando a súa esencia
Gastronomía e viticultura
Rodeada de bo viño e boa comida. Dende a terraza, podes observar unha viña propia da casa.
Aventura de río e montaña
Agárdante miles de plans, dentro e fóra. Dende un baño na piscina ata roteiros de sendeirismo.
Caneirón: unha casa rural con piscina en Galicia
A día de hoxe, Caneirón é todo o que ves, pero non sempre foi así.
Como é tradición en Galicia, Caneirón é o nome que recibe unha pequena subzona da zona dos Chaos, en Arnoia.
Antigamente, foi a casa das costureiras da aldea. Alí vivían e cosían.
Logo, pasou a mans da súa actual propietaria, quen residiu alí un tempo.
Hoxe, tras unha reforma integral onde se conseguiu manter a tradición e a orixinalidade da vivenda, é unha casa de aldea galega, unha casa rural con piscina en Galicia, coas portas abertas para quen queira desfrutala.
Ribadavia, A Arnoia e O Ribeiro
Coñece os mellores plans para facer nunha das capitais do turismo enolóxico do país
Termalism: A Arnoia e Ourense
A provincia de Ourense é a capital termal de Galicia por excelencia. Preto da nosa casa rural poderás elixir entre A Chavasqueira e As Termas de Outariz, en Ourense; as termas de Prexigueiro, en Ribadavia; e o propio balneario de Arnoia.
Camiño Miñoto: de Portugal a Compostela
Un dos roteiros que hai que destacar é o que segue o Camiño Miñoto, un dos roteiros de interior para facer o Camiño de Santiago, que vai dende Portugal ata Santiago de Compostela e pasa polo concello de A Arnoia.

O QUE PODEMOS OFRECERCHE
- 3 abitacións dobres
- Habitación dobre con cama supletoria
- Acceso adaptado a persoas con discapacidade
- Aire acondicionado e calefacción individual
- 4 baños. Baño individual por habitación
- Televisión individual por habitación
- Zona de lavandería
- Aparcamento privado a escasos metros
- Cociña común completa
- A Solaina, sala de estar común con TV
- Chimenea
- Wifi
- Casa rural con piscina privada en Galicia
- Xardín con barbacoa
- Terraza con vistas ás paisaxes do Ribeiro
- Aluguer por habitacións e aluguer da casa completa