Casa rural con piscina privada, xardín, barbacoa e merendeiro para que poidas combater a calor dos veráns de Ourense.
Sabías que A Arnoia sempre adoita ter un dos primeiros postos nas temperaturas máis altas de Galicia durante o verán?
Ademais, poderás desfrutar das espectaculares postas de sol que poden verse cada tarde dende o xardín.
Dentro do característico corredor azul, agóchase unha terraza onde poderás observar espectaculares vistas de A Arnoia.
Dende o minifundio nos cultivos tan característico de Galicia, ata os viñedos que tinguen as paisaxes de O Ribeiro.
Sala de estar ou salón. Hai un dito que di que en Galicia, a choiva é arte.. A Solaina é o mellor lugar para apreciala, acurrucado no sofá cunha mantiña. E xa sabes, nunca choveu que non escampara.
Tanto en Ribadavia, como en Arnoia dispoñemos dunha gran cantidade de restaurantes e locais onde poderás degustar a nosa gastronomía. E, se te achegas en agosto, poderás catar os nosos pementos cun pouco viño de O Ribeiro, na festa do Pemento de A Arnoia. Pero tamén temos á túa disposición unha cociña totalmente equipada para que poidas dispoñer de todo o que precises.
Buscas unha casa rural con piscina? Somos a túa mellor elección!
Es máis de estar á calor da chimenea un diá chuvioso? Seguimos séndoo!
Se para o verán temos a piscina, para o inverno temos chimenea porque, que hai mais agradable que o calorciño que dá ver o lume encendido menores fóra vai frío ?
Prefires unha casa rural con chimenea?
Tanto en inverno coma en verán, Caneirón é o aloxamento perfecto.
E, se non nos crees, xulga por ti mesmo, reserva!
Podes contactarnos en calquera destes números, estaremos encantados de axudarche!
Séguenos en redes para non perderte nada!