Roteiros de sendeirismo para todos os públicos, cun grao de dificultade baixo ou medio.
Tanto se buscas relaxarte, facer deporte, sentir a natureza ou descubrir espazos novos é unha magnífica opción.
Ademais, se es máis de auga ou de monte, en A Arnoia hai un roteiro para ti. Ambas opcións pasan pola zona de Os Chaos, onde se atopa a nosa casa rural.. Descóbreos!
Percorrido: Vila Termal – Os Chaos – Poldras – San Roque – Carnós – San Miguel – Coto da Fame – Coto Novelle – O Bacelo – San Amaro – A Reza – Vila Termal.
Distancia: 13 km
Dificultade: Alta
Para os padales máis esixentes. A Denominación de Orixe Ribeiro combina á perfección coa Denominación de Orixe Protexida dos Pementos de A Arnoia. Se te achegas en agosto, poderás degustalos na famosa Festa do Pemento de A Arnoia.
Pero iso non é todo.. No concello contamos tamén cun restaurante que dende vai pouco ostenta un Solete Repsol e combina á perfección con nós.: tradición e innovación.
Mesón A Lareira, achégate a probalo!
Ademais, a poucos kilómetros podes degustar a típica anguía de Castrelo de Miño ou o polbo de O Carballiño.
Dende o noso balcón e a nosa terraza verás que as paisaxes están acaparadas por un elemento concreto: os viñedos. A Arnoia atópase no corazón do Ribeiro, terra de viño por excelencia.
Se o plan do sendeirismo non che convence, podes facer un roteiro polas viñas todas que cobren a zona.
Ademais, tamén hai numerosos colleiteiros e adegas que podes visitar., e que podes consultar dentro da “Ruta do Viño do Ribeiro”.
A nosa piscina é capaz de conquistar a calquera gato. Aínda así, Arnoia é unha vila termal e, ademais, estamos rodeados de zonas termais que é case obrigado visitar.
Podes contactarnos en calquera destes números, estaremos encantados de axudarche!
Séguenos en redes para non perderte nada!