1

Casa de Aldea Caneirón: quen somos

Fachada de piedra de Casa de Aldea Caneirón. Casa rústica en Ourense.casa_aldea_caneiron_antes-min-2

Longa historia e tradición

Unha típica casa rústica galega, construida no ano 1869, que segue conservando a súa esencia

Gastronomía e viticultura

Rodeada de bo viño e boa comida. Dende a terraza, podes observar unha viña propia da casa.

Aventura de río e montaña

Agárdante miles de plans, dentro e fóra. Dende un baño na piscina ata roteiros de sendeirismo.

Caneirón: historia

Como é tradición en Galicia, Caneirón é o nome que recibe unha pequena subzona da zona dos Chaos, en Arnoia. Antigamente, foi a casa das costureiras do pobo.. Alí vivían e cosían.

Logo, pasou a mans da súa actual propietaria, quen residiu alí un tempo.

Hoxe, tras unha reforma do chan ao teito, onde se conseguiu manter a tradición e a orixinalidade da vivenda, é unha casa rural, unha casa de aldea, coas portas abertas para quen queira desfrutala.

Ribadavia, A Arnoia e O Ribeiro

Coñece os mellores plans para facer nunha das capitais do turismo enolóxico do país

O QUE PODEMOS OFRECERCHE

As nosas habitacións

Temos tres habitacóns á túa disposición, con tódalas comodidades. Ademais, están totalmente equipadas para recibir a nenos e a persoas con discapacidade.

Caneirón: unha casa rural con piscina

Trae o bikini, a creama e as gafas de sol. O xardín e a barbacoa van incluídos no pack. Nos cálidos veráns de Ourense, a piscina será a túa maior aliada.

Chámanos!

Podes contactarnos en calquera destes números, estaremos encantados de axudarche!

Séguenos en redes para non perderte nada!